luns, 7 de decembro de 2020

ROQUE-FÍGARO XA TEN FAMILIA!!!!

 Roque, como cariñosamente o apodamos na escola xa ten un novo fogar onde está a recibir todo o amor e cariño que se merece. Fígaro, como ben o bautizaron xa ten que o encha de mimos!!!!no temos máis que dicirvos... GRAZAS!!!!!



sábado, 5 de decembro de 2020

ADÓPTAME

 Os nenos e nenas despois de ver nas fotos ao noso novo visitante só queren atoparlle unha casiña. Familias, se non vos animades difundide!!!!



venres, 4 de decembro de 2020

TEMOS NOVA MASCOTA NA ESCOLA

 Estes días estivemos moi axetreados xa que unha nai cos seus gatiños andaba a rondar polas cercanías do cole. Cal foi a nosa sorpresa ao día seguinte ao escoitar miañar moi alto descubrimos que un dos gatiños quedara só, así que o noso propósito dende este blog é conseguir atoparlle un fogar para que teña unha nova familia que o acolla e o coide. Así que familias, compartide ou animádevos a acoller!!!




sábado, 14 de novembro de 2020

RECOMENDACIÓNS

 Non esquezades consultar a nosa páxina onde as nosas mascotas fan recomendacións moi interesantes:

https://protectoravirtualpataspeludas.blogspot.com/p/as-nosas-mascotas-recomendan.html


luns, 9 de novembro de 2020

VIDEOCONFERENCIA CON TACHIRA , A ETÓLOGA CANINA

 O pasado venres tivemos a sorte de contar de novo con Tachira, esta vez dende a casa, a través de videoconferencia, pero así puidemos coñecer a todos os seus cans e todo o que fan.


Fundamentalmente nos falou de como debemos dirixirnos a un can que non é noso:
- Primeiro preguntarlle ao dono/a si se pode tocar ou non
- Acariciar sempre pola zona do lomo

Tamén nos indicou como expresan as emocións os cans :
- Alegría movendo a cola
- A cola entre as pernas significaría medo
- Ou si ensinan os dentes enfado

Se un can se dirixe correndo hacia nós :
"debemos de quedarnos quietos/as cos brazos pegados ao corpo e a cabeza gacha, mirando ao chan"






Outra cousa moi importante da que nos falou é dos cans de auxilio ou axuda os cales están adestrados para axudar ás personas que presentan algún tipo de dificultade, tanto sensorial coma motriz:

- abren e pechan portas

- axudan a quitar as chaquetas

- apagan e acenden a luz...

...e moitas máis cousas que vós sorprenderían.

Ao final fixemos unha rolda de preguntas:




martes, 3 de novembro de 2020

EL ALMUERZO DE DANTE

 Unha curtametraxe entrañable onde os máis pequechos e pequechas poden ver a vida dun can da rúa cun toque de humor.



martes, 27 de outubro de 2020

MÁIS DE MASCOTAS

 Este días voltamos a falar na aula de 5 A das nosas mascotas e quixemos darlle a oportunidade  aos nenos e nenas de que as debuxaran de novo.

E velaí van as mascotas de 5 B:




xoves, 22 de outubro de 2020

TORTU E PINCHITOS

 Xa facía moito que non sabiamos nada das nosas tartarugas Tortu e Pinchitos!!!recordades que Rocío e Mariña as acolleron durante o verán??pois están tan tan ben que agora non queren voltar!!!Mándanvos unha aperta enorme!!!




xoves, 11 de xuño de 2020

Rocanrol do can



Rocío e máis eu propoñémosvos que escoitedes e aprendades esta canción tan chula que está incluida no álbum "Aire" de María Fumaça. Seguro que moitos e moitas xa a coñecedes!!!

venres, 5 de xuño de 2020

COIDADOS


AS NOSAS MASCOTAS


¿QUENES SOMOS?

Somos 21 nenas e 14 nenos aos que nos gustan os animáis e nos preocupamos polo seu benestar. Creamos esta protectora virtual coa finalidade de aprender máis sobre o coidado e necesidades dos animáis de compañía, os seus dereitos, así como coñecer a realidade de abandono na que viven moitos deles para poder axudarlles da mellor maneira posible e difundilo entre a comunidade educativa e a través da rede.

Gorka Ínsua Prieto

GORKA GÓMEZ ÍNSUA













GUILLE LÓPEZ BALTAR













 BRUNO ALMOINA GUISASOLA
 CARMEN RODRÍGUEZ RIAL
 DANI ÍNSUA RIVAS
 EMMA GARCÍA SUÁREZ
 IRIA LÓPEZ FERNÁNDEZ
 LEO CASTRO FERNÁNDEZ
 MARÍA CANDIA ALONSO
ÁNGELA BALSEIRO ÁLVAREZ










ZOE
VERÓNICA
VALENTINO
TIAGO
PALOMA
DANNA
ALONSO


MARTINA





IRENE

NOA












MARINA RODRÍGUEZ RIAL