luns, 7 de decembro de 2020

ROQUE-FÍGARO XA TEN FAMILIA!!!!

 Roque, como cariñosamente o apodamos na escola xa ten un novo fogar onde está a recibir todo o amor e cariño que se merece. Fígaro, como ben o bautizaron xa ten que o encha de mimos!!!!no temos máis que dicirvos... GRAZAS!!!!!



sábado, 5 de decembro de 2020

ADÓPTAME

 Os nenos e nenas despois de ver nas fotos ao noso novo visitante só queren atoparlle unha casiña. Familias, se non vos animades difundide!!!!



venres, 4 de decembro de 2020

TEMOS NOVA MASCOTA NA ESCOLA

 Estes días estivemos moi axetreados xa que unha nai cos seus gatiños andaba a rondar polas cercanías do cole. Cal foi a nosa sorpresa ao día seguinte ao escoitar miañar moi alto descubrimos que un dos gatiños quedara só, así que o noso propósito dende este blog é conseguir atoparlle un fogar para que teña unha nova familia que o acolla e o coide. Así que familias, compartide ou animádevos a acoller!!!