Estes días estivemos moi axetreados xa que unha nai cos seus gatiños andaba a rondar polas cercanías do cole. Cal foi a nosa sorpresa ao día seguinte ao escoitar miañar moi alto descubrimos que un dos gatiños quedara só, así que o noso propósito dende este blog é conseguir atoparlle un fogar para que teña unha nova familia que o acolla e o coide. Así que familias, compartide ou animádevos a acoller!!!
Somos alumnado da escola de educación infantil San Roque (Viveiro) e o noso principal obxectivo é dar a coñecer o traballo das protectoras de animais facendo fincapé nas máis cercanas e promover o coidado e respeto dos animais de compañía.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario