luns, 9 de novembro de 2020

VIDEOCONFERENCIA CON TACHIRA , A ETÓLOGA CANINA

 O pasado venres tivemos a sorte de contar de novo con Tachira, esta vez dende a casa, a través de videoconferencia, pero así puidemos coñecer a todos os seus cans e todo o que fan.


Fundamentalmente nos falou de como debemos dirixirnos a un can que non é noso:
- Primeiro preguntarlle ao dono/a si se pode tocar ou non
- Acariciar sempre pola zona do lomo

Tamén nos indicou como expresan as emocións os cans :
- Alegría movendo a cola
- A cola entre as pernas significaría medo
- Ou si ensinan os dentes enfado

Se un can se dirixe correndo hacia nós :
"debemos de quedarnos quietos/as cos brazos pegados ao corpo e a cabeza gacha, mirando ao chan"






Outra cousa moi importante da que nos falou é dos cans de auxilio ou axuda os cales están adestrados para axudar ás personas que presentan algún tipo de dificultade, tanto sensorial coma motriz:

- abren e pechan portas

- axudan a quitar as chaquetas

- apagan e acenden a luz...

...e moitas máis cousas que vós sorprenderían.

Ao final fixemos unha rolda de preguntas:




Ningún comentario:

Publicar un comentario