luns, 20 de decembro de 2021

venres, 26 de novembro de 2021

TORTU E PINCHITOS QUÉRENNOS SAUDAR

 As nosas tartarugas Tortu e Pinchitos lémbrase moito de nós e nós tamén delas, queren saudarnos desde a súa casa de  acollida... 





NOVAS MASCOTAS NA FAMILIA


 Neste novo curso seguiremos co tema das mascotas, hai algunhas novas nas vosas familias e estariamos encantados e encantadas de coñecelas. 


 Luna e Gabriel teñen novas mascotas e mirade que nomes más bonitos lles puxeron ... Agora formarán parte do libro das nosas mascotas...




Animádevos e presentádenos ás vosas novas mascotas....





xoves, 25 de novembro de 2021

ADOPCIÓNS EN GADOUPAS

 O curso pasado coa idea de implicarnos con Gadoupas decidimos debuxar e dar a coñecer aos  cans que estaban na protectora e que buscaban fogar...

 Canto nos alegramos de que agora teñades un novo fogar... Pulsa nos nomes e descubriredes unha bonita historia...

NÉBOA E OREO

SCAR

SKY

mércores, 23 de xuño de 2021

VISITA SORPRESA DE TORTU E PINCHITOS

 Despois de máis dun ano sen velas no cole, porque están en acollida na casa da profe Rocío, Tortu e Pinchitos quixéronnos visitar antes de finalizadar o curso. Menuda sorpresa nos levamos!



venres, 21 de maio de 2021

ESCORNABOTS E MASCOTAS

 

 Cos escornabots ademáis de traballar a orientación espacial, relacionamos cada animal coas suas características, identificamos as diferentes mascotas e as súas peculiaridades, a comprensión da mensaxe que nos transmiten os pictogramas...

luns, 3 de maio de 2021

O RARO CAN

 Os nenos e nenas de 5º A estiveron a traballar coa profe Chus esta canción de Cé Orchestra Pantasma, "O raro can" do seu albume A voar. Si queredes ecoitar o ben que o fan pinchade AQUÍ






venres, 30 de abril de 2021

LOBO FEROZ

 Onte, na actividade organizada polo equipo de biblioteca, ESCOITAMOS COMO, as nais de 2 alumnos do cole (Hugo de 5ºB e Ángel Díaz de 6ºA) deleitárnos cunha representación de títeres baseada no libro infantil LOBO FEROZ. 


E aquí vos deixamos a canción:


E aquí vos deixamos uns xogos interactivos para aprender mentras xogamos:



mércores, 28 de abril de 2021

O DNI DOS ANIMÁIS DE COMPAÑÍA

 O otro día xurdiu a pregunta na clase de si os animáis tiñan documento de identificación coma as persoas e aquí tedes a resposta peques e pecas, Sí que teñen e ademáis é obligatorio!!!


Agora ven a seguinte pregunta: recoñecedes esta bandeira???


  • De que lugar é??? 
  • Cantas estrelas ten??
  • A que equivale cada estrela?
  • Que día o celebramos no calendario???
Familias animádevos a contestar a istas preguntas deixando un comentario na entrada e estade atentos os vindeiros día que estamos a preparar algún xogo interactivo.


martes, 20 de abril de 2021

APRENDEMOS AS MASCOTAS A PARTIR DE LINGUAXE COMPUTACIONAL


 O alumnado de 5º de infantil está a aprender linguaxe computacional ademáis doutras destrezas de orientación espacial, conceptos numéricos...

xoves, 18 de marzo de 2021

GADOUPAS BUSCA FOGAR PARA...

  Coa nosa protectora virtual PATAS PELUDAS pretendemos dar a coñecer o mundo das mascotas e axudar a outras protectoras a buscarlles fogar a moitos animais que se sinten sós. Aprendimos a través de GADOUPAS en que consiste unha protectora, quen forma parte dela e pensamos en que nós tamén lle queremos dar fogar a esta mascotas que necesitan que alguén os acolla na súa familia ou que os adopten. Aquí vos amosamos o traballo realizado para que Sky, Scar, Néboa, Oreo e Braco sexan felices cunha familia...




sábado, 20 de febreiro de 2021

NACEMENTO DUN BECERRO

  Tivemos a sorte  de ver a un becerro que acababa de nacer. A familia Soto Martínez tivo a ocasión de podelo presenciar dando un paseo en familia. Nos enviaron o vídeo e puidemos velo na aula esta semana. Aos nenos/as resultoulles moi interesante. Grazas familia.

Se queres ver as fotos pincha AQUÍ

sábado, 13 de febreiro de 2021

UNHA DE LOBOS

 Fai uns días que se aprobou no goberno a prohibición da caza do lobo en toda España. En honor a esta gran noticia e a este gran animal que enche parte da literatura infantil queremos darlle unha volta á crenza que nos inculcaron dos mesmos nos contos tradicionáis, onde os lobos eres seles malvados, e humanizalos ou alomenos darlle cualidades máis positivas nunha serie de contos que vos iremos presentando. Aí vai o primeiro:


Tamén traballamos un poema de José Agustín Goytisolo "El lobito bueno":


E falamos dos lobos....auuuuuuuuu!!!!!



domingo, 31 de xaneiro de 2021

SE NON TEMOS MASCOTA CREÁMOLA NÓS MESMOS

 Esta semana nas construccións unha alumna tivo a estupenda idea de facerse a ela mesma e a súa mascota!!!!





sábado, 16 de xaneiro de 2021

NOVO RECUNCHO: CLÍNICA VETERINARIA PATAS PELUDAS

 Vendo que os peludos están a motivarnos moito este curso escolar xurdiu a estupenda idea de crear o recuncho da clínica veterinaria. Polo de pronto fixemos o cartel!!!






venres, 15 de xaneiro de 2021

xoves, 14 de xaneiro de 2021

REVISTA DIXITAL

Estamos a crear un novo medio dixital para aprender e axudar en todo o que poidamos sobre os animáis perdidos e sen fogar. Se clicades AQUÍ ou na lapela superior que pon REVISTA DIXITAL, poderedes ver publicacións sobre propostas feitas por nós para axudar aos peludos da protectora de Viveiro así como novas que consideramos de interese para o seu coidado.