luns, 9 de novembro de 2020

VIDEOCONFERENCIA CON TACHIRA , A ETÓLOGA CANINA

 O pasado venres tivemos a sorte de contar de novo con Tachira, esta vez dende a casa, a través de videoconferencia, pero así puidemos coñecer a todos os seus cans e todo o que fan.


Fundamentalmente nos falou de como debemos dirixirnos a un can que non é noso:
- Primeiro preguntarlle ao dono/a si se pode tocar ou non
- Acariciar sempre pola zona do lomo

Tamén nos indicou como expresan as emocións os cans :
- Alegría movendo a cola
- A cola entre as pernas significaría medo
- Ou si ensinan os dentes enfado

Se un can se dirixe correndo hacia nós :
"debemos de quedarnos quietos/as cos brazos pegados ao corpo e a cabeza gacha, mirando ao chan"






Outra cousa moi importante da que nos falou é dos cans de auxilio ou axuda os cales están adestrados para axudar ás personas que presentan algún tipo de dificultade, tanto sensorial coma motriz:

- abren e pechan portas

- axudan a quitar as chaquetas

- apagan e acenden a luz...

...e moitas máis cousas que vós sorprenderían.

Ao final fixemos unha rolda de preguntas:




martes, 3 de novembro de 2020

EL ALMUERZO DE DANTE

 Unha curtametraxe entrañable onde os máis pequechos e pequechas poden ver a vida dun can da rúa cun toque de humor.



martes, 27 de outubro de 2020

MÁIS DE MASCOTAS

 Este días voltamos a falar na aula de 5 A das nosas mascotas e quixemos darlle a oportunidade  aos nenos e nenas de que as debuxaran de novo.

E velaí van as mascotas de 5 B:




xoves, 22 de outubro de 2020

TORTU E PINCHITOS

 Xa facía moito que non sabiamos nada das nosas tartarugas Tortu e Pinchitos!!!recordades que Rocío e Mariña as acolleron durante o verán??pois están tan tan ben que agora non queren voltar!!!Mándanvos unha aperta enorme!!!