luns, 21 de febreiro de 2022

MASCOTAS CON BOTAS

 Queremos compartir con tod@s un conto moi divertido que nos trouxo unha compañeira. Agardamos pasedes un bo rato!!!




xoves, 20 de xaneiro de 2022

MANCHITAS, UNHA NOVA MASCOTA NA FAMILIA

 Nesta ocasión, Julia  quérenos presentar ao seu coello Manchitas. Mirade que monada de mascota...


   O noso libro de mascotas vai enriquecéndose cada vez máis, botádelle un ollo e xa veredes...



luns, 20 de decembro de 2021

venres, 26 de novembro de 2021

TORTU E PINCHITOS QUÉRENNOS SAUDAR

 As nosas tartarugas Tortu e Pinchitos lémbrase moito de nós e nós tamén delas, queren saudarnos desde a súa casa de  acollida... 





NOVAS MASCOTAS NA FAMILIA


 Neste novo curso seguiremos co tema das mascotas, hai algunhas novas nas vosas familias e estariamos encantados e encantadas de coñecelas. 


 Luna e Gabriel teñen novas mascotas e mirade que nomes más bonitos lles puxeron ... Agora formarán parte do libro das nosas mascotas...




Animádevos e presentádenos ás vosas novas mascotas....





xoves, 25 de novembro de 2021

ADOPCIÓNS EN GADOUPAS

 O curso pasado coa idea de implicarnos con Gadoupas decidimos debuxar e dar a coñecer aos  cans que estaban na protectora e que buscaban fogar...

 Canto nos alegramos de que agora teñades un novo fogar... Pulsa nos nomes e descubriredes unha bonita historia...

NÉBOA E OREO

SCAR

SKY

mércores, 23 de xuño de 2021

VISITA SORPRESA DE TORTU E PINCHITOS

 Despois de máis dun ano sen velas no cole, porque están en acollida na casa da profe Rocío, Tortu e Pinchitos quixéronnos visitar antes de finalizadar o curso. Menuda sorpresa nos levamos!