Coa nosa protectora virtual PATAS PELUDAS pretendemos dar a coñecer o mundo das mascotas e axudar a outras protectoras a buscarlles fogar a moitos animais que se sinten sós. Aprendimos a través de GADOUPAS en que consiste unha protectora, quen forma parte dela e pensamos en que nós tamén lle queremos dar fogar a esta mascotas que necesitan que alguén os acolla na súa familia ou que os adopten. Aquí vos amosamos o traballo realizado para que Sky, Scar, Néboa, Oreo e Braco sexan felices cunha familia...
Somos alumnado da escola de educación infantil San Roque (Viveiro) e o noso principal obxectivo é dar a coñecer o traballo das protectoras de animais facendo fincapé nas máis cercanas e promover o coidado e respeto dos animais de compañía.
xoves, 18 de marzo de 2021
sábado, 20 de febreiro de 2021
NACEMENTO DUN BECERRO
Tivemos a sorte de ver a un becerro que acababa de nacer. A familia Soto Martínez tivo a ocasión de podelo presenciar dando un paseo en familia. Nos enviaron o vídeo e puidemos velo na aula esta semana. Aos nenos/as resultoulles moi interesante. Grazas familia.
Se queres ver as fotos pincha AQUÍ
luns, 15 de febreiro de 2021
sábado, 13 de febreiro de 2021
UNHA DE LOBOS
Fai uns días que se aprobou no goberno a prohibición da caza do lobo en toda España. En honor a esta gran noticia e a este gran animal que enche parte da literatura infantil queremos darlle unha volta á crenza que nos inculcaron dos mesmos nos contos tradicionáis, onde os lobos eres seles malvados, e humanizalos ou alomenos darlle cualidades máis positivas nunha serie de contos que vos iremos presentando. Aí vai o primeiro:
Tamén traballamos un poema de José Agustín Goytisolo "El lobito bueno":
E falamos dos lobos....auuuuuuuuu!!!!!
domingo, 31 de xaneiro de 2021
SE NON TEMOS MASCOTA CREÁMOLA NÓS MESMOS
Esta semana nas construccións unha alumna tivo a estupenda idea de facerse a ela mesma e a súa mascota!!!!










