xoves, 25 de novembro de 2021

ADOPCIÓNS EN GADOUPAS

 O curso pasado coa idea de implicarnos con Gadoupas decidimos debuxar e dar a coñecer aos  cans que estaban na protectora e que buscaban fogar...

 Canto nos alegramos de que agora teñades un novo fogar... Pulsa nos nomes e descubriredes unha bonita historia...

NÉBOA E OREO

SCAR

SKY

mércores, 23 de xuño de 2021

VISITA SORPRESA DE TORTU E PINCHITOS

 Despois de máis dun ano sen velas no cole, porque están en acollida na casa da profe Rocío, Tortu e Pinchitos quixéronnos visitar antes de finalizadar o curso. Menuda sorpresa nos levamos!



venres, 21 de maio de 2021

ESCORNABOTS E MASCOTAS

 

 Cos escornabots ademáis de traballar a orientación espacial, relacionamos cada animal coas suas características, identificamos as diferentes mascotas e as súas peculiaridades, a comprensión da mensaxe que nos transmiten os pictogramas...

luns, 3 de maio de 2021

O RARO CAN

 Os nenos e nenas de 5º A estiveron a traballar coa profe Chus esta canción de Cé Orchestra Pantasma, "O raro can" do seu albume A voar. Si queredes ecoitar o ben que o fan pinchade AQUÍ