mércores, 28 de abril de 2021

O DNI DOS ANIMÁIS DE COMPAÑÍA

 O otro día xurdiu a pregunta na clase de si os animáis tiñan documento de identificación coma as persoas e aquí tedes a resposta peques e pecas, Sí que teñen e ademáis é obligatorio!!!


Agora ven a seguinte pregunta: recoñecedes esta bandeira???


  • De que lugar é??? 
  • Cantas estrelas ten??
  • A que equivale cada estrela?
  • Que día o celebramos no calendario???
Familias animádevos a contestar a istas preguntas deixando un comentario na entrada e estade atentos os vindeiros día que estamos a preparar algún xogo interactivo.


martes, 20 de abril de 2021

APRENDEMOS AS MASCOTAS A PARTIR DE LINGUAXE COMPUTACIONAL


 O alumnado de 5º de infantil está a aprender linguaxe computacional ademáis doutras destrezas de orientación espacial, conceptos numéricos...

xoves, 18 de marzo de 2021

GADOUPAS BUSCA FOGAR PARA...

  Coa nosa protectora virtual PATAS PELUDAS pretendemos dar a coñecer o mundo das mascotas e axudar a outras protectoras a buscarlles fogar a moitos animais que se sinten sós. Aprendimos a través de GADOUPAS en que consiste unha protectora, quen forma parte dela e pensamos en que nós tamén lle queremos dar fogar a esta mascotas que necesitan que alguén os acolla na súa familia ou que os adopten. Aquí vos amosamos o traballo realizado para que Sky, Scar, Néboa, Oreo e Braco sexan felices cunha familia...




sábado, 20 de febreiro de 2021

NACEMENTO DUN BECERRO

  Tivemos a sorte  de ver a un becerro que acababa de nacer. A familia Soto Martínez tivo a ocasión de podelo presenciar dando un paseo en familia. Nos enviaron o vídeo e puidemos velo na aula esta semana. Aos nenos/as resultoulles moi interesante. Grazas familia.

Se queres ver as fotos pincha AQUÍ

sábado, 13 de febreiro de 2021

UNHA DE LOBOS

 Fai uns días que se aprobou no goberno a prohibición da caza do lobo en toda España. En honor a esta gran noticia e a este gran animal que enche parte da literatura infantil queremos darlle unha volta á crenza que nos inculcaron dos mesmos nos contos tradicionáis, onde os lobos eres seles malvados, e humanizalos ou alomenos darlle cualidades máis positivas nunha serie de contos que vos iremos presentando. Aí vai o primeiro:


Tamén traballamos un poema de José Agustín Goytisolo "El lobito bueno":


E falamos dos lobos....auuuuuuuuu!!!!!